Entroido ribeirao, Santiago de Arriba (Chantada, Lugo)

Volantes portando os "Puchos

A ribeira chantadina do Miño: Santiago de Arriba
Sae o señor feudal (o volante) acompañado dos seus gardiáns (maragatos ou peliqueiros). O traxe daquel volante foi evolucionando ó longo do tempo. Antigamente vestían de branco, desfilaban directamente coa muda interior e  vendaban as pernas. Sobre os ombreiros un pano colorido cruzado atado ás costas, cubrindo a cabeza un pañuelo non menos colorido, á cintura o correón con 24 campaíñas e na cara a carauta. 
Sobre a cabeza un pucho de grandes dimensións, recuberto de flores feitas a man, con follas de verzas e repolo que se deixaban secar para moldear en forma de rosa ou margarita. Na parte traseira e lateral do pucho colgan uns mollos de palla, ou cintas de papel pintado artesanalmente, rematando o conxunto cunha ou dúas bonecas.
 Danza dos Volantes
Na man un caxato, por veces ornamentado con fitas ou cintas  de cores e cinguidas á cintura sinxelas campaíñas do gando.

 

Volantes portando os "Puchos"  e os gaiteiros

Os volantes saen portando o pucho, desfilando  cos gaiteiros, brincan e xiran sobre si mesmos formando unha roda. Retíranse os volantes e saen  os mecos (calquera personaxe de moda), a representar o oficio.  
Os oficios, son pequenas representacións, sobre feitos acaecidos na parroquia ou temas de actualidade.
Os peliqueiros acompañan ós volantes, algúns visten pelicas  normalmente de cabra ou ovella e levan unha choca pendurada  á cintura

Os mecos
Fotos: Darredor 

1 comentario:

Unknown dijo...

Moi bo post, só engadir que esas fotos foron tomadas en Santa María de Nogueira de Miño, non en Santiago de Arriba.